A XGN Intermax celebrará este ano a súa World Champions Edition, unha cita marcada do 9 ao 11 de outubro pola competición e o recoñecemento

Silleda, 21 de setembro de 2026.- A XGN Intermax celebrará este ano unha cita que estará marcada pola competición e o recoñecemento, e que se denominará World Champion Edition. Unha convocatoria que fará unha chiscadela á vitoria da selección española de fútbol no Mundial incluíndo algunhas actividades e competicións relacionadas.

Será a 26ª edición desta lanparty, a maior de Galicia, a cal volverá unir as novas tecnoloxías, a informática e o lecer dixital na Feira Internacional de Galicia ABANCA do 9 ao 11 de outubro. 

O evento, para o cal xa están abertas as reservas en www.xgnintermax.gal, contará coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet. Así, como é habitual, a Intranet, orientada a inscritos, permitirá desfrutar dun posto con conexión de altas prestacións e dará dereito tanto a acampar como a participar en actividades exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os participantes como para quen visite o recinto.

En canto á dispoñibilidade destas áreas, a Intranet estará operativa para rexistrados do 9 ao 11 de outubro á primeira hora da tarde, aínda que poderán acceder xa ao recinto o día 8 ás 16.00h na chamada preparty. Respecto á Extranet, poderase acceder o 9 e 10 de outubro de 10.00h a 20.00h, de forma gratuíta.

Formación, entretemento e intercambio de ideas uniranse nesta edición, que contará de novo co apoio da Xunta de Galicia, impulsora desta party, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial de Intermax Technology. Grazas a esta compañía tecnolóxica galega, a cal se incorporou ao proxecto en 2024, os participantes poderán navegar por terceira vez a unha velocidade de ata 40 Gbps, o dobre do que se alcanzaba antes da implicación de Intermax Technology no evento.

Un completo programa con novidades

Esta cita tecnolóxica volverá contar cun programa moi variado tanto para inscritos como para visitantes, con competicións, obradoiros, actividades deportivas, xogos analóxicos ou conferencias centrados en novas tecnoloxías, intelixencia artificial ou gaming. Ademais, incluiranse novas propostas relacionadas con esta edición especial World Champions Edition.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal