A feira Abanca Semana Verde xa ten datas para volver xerar negocio no mellor entorno lúdico, do 4 ao 7 de xuño de 2026

Silleda, 1 de setembro de 2025.- A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa ten datas para 2026. Será do 4 ao 7 de xuño cando celebre a súa 48ª edición, coa que pretende converterse unha vez máis no gran certame multisectorial de comercio e lecer do noroeste peninsular.

O seu equipo traballa xa nunha cita na que seguirá reforzándose, tanto a nivel expositivo como no que se refire ao contido do seu programa de actividades, co obxectivo de manter o amplo respaldo de expositores e público.

En canto á súa exposición, contará cos seus consolidados certames paralelo, o XXIX Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca; o XV Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, a XII Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, e tamén a XII Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca. A eles unirase a segunda edición do Salón de Beleza e Estética Avanzada, Intermax Beauty Show e, como é habitual, outros moitos sectores que irán desde gandería, bioenerxía, pequena maquinaria, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía.

En canto ao seu programa, incluirá novamente actividades para profesionais e público xeral, sumando novidades ás propostas xa clásicas na feira que contan cunha excelente acollida en todas as edicións.

Unha cita con historia que non deixa de superarse

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia é xa unha cita amplamente consolidada pola súa capacidade para crear oportunidades comerciais e ofrecer unha proposta con atractivo para todo tipo de público.

Un esforzo que se reflicte nos seus crecentes resultados. Así, na súa pasada convocatoria, celebrada do 5 ao 8 de xuño deste ano, reuniu a 758 expositores directos de oito países, converténdose na maior do últimos dezaoito anos e na máis internacional do últimos vinte. Ademais, rexistrou cifras récord na exposición do seu salón de turismo e engadiu o sector da beleza a través dun certame paralelo propio.

Por outra banda, volveu ofrecer máis de 200 actividades das que puideron desfrutar 112.200 visitantes, un 32% máis que na edición anterior e a súa mellor cifra desde que se declarase a pandemia.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal