Este exemplar, que é o Best in Show de ambas Exposicións de hoxe debido a que o xulgamento destas competicións é común, pertence a Mª Sonsoles Hevia, de Asturias. O segundo posto foi para o can chino crestado Casino Royale of Cayocarpo, de Isabel Sousa, de Pazos de Borbén (Pontevedra), mentres que o terceiro acadouno o mastín español Elegante de Arandano, de Isaías Perandones (León).
Estes exemplares foron elixidos como os mellores da Exposición nas finais da categoría de “Adultos”, ás cales poden optar tamén os exemplares con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”. Ademais, tamén se elixiu aos tres mellores nas categorías “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xóvenes”, “Veteranos”, “Razas Española”, “Parella” e “Grupo de Cría”.
En canto a mellor “Parella” e mellor “Grupo de Cría” foron, ao igual que na Exposición Nacional de onte, a parella composta polos whippet Enolacans Gandalf The Wizard e Enolacans Greta La Garbo, de J. Fernando García (Madrid), e o grupo de whippet Enolacans Gandalf The Wizard, Enolacans Duncan Dhu, Enolacans Greta La Garbo, Enolacans Elisabeth Queen e Enolacans Audrey Hepburn, do mesmo propietario.
O mello “Moi Cachorro” foi o akita americano De Kaner´s Kuro to Shiro Za-Sen, propiedade de Constantino Zaera e David Iglesias (A Coruña), ao tempo que o título de “Mellor Cachorro” foi para a siberian husky Thea of Nemada, de Laura Andrea Gutiérrez (Zaragoza). Respecto ao título de mellor “Xoven”, recaeu no american staffordshire terrier Karballido Staffs Jeronimo, de José Ignacio Andrés (Pontevedra), sendo a mellor “Veterana” a whippet Enolacans Audrey Hepburn, de J. Fernando García (Madrid). Respecto a “Razas Españolas”, o vencedor foi o mastín español Elegante de Arandano, de Isaías Perandones (León).
Por outra banda, a Mellor Presentadora Infantil foi, ao igual que no concurso de onte, Claudia García coa súa caniche xigante branca, mentres que a Mellor Presentadora Xuvenil recaeu, tamén ao igual que na competición de onte, en Valeria López, aínda que nesta ocasión co seu schnauzer xigante.
Nestes concursos, que teñen como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores cans para a cría, participaron máis de 500 exemplares procedentes de distintos puntos de España e tamén Portugal e Francia. Foron valorados por oito xuíces de España, Italia, Serbia e Finlandia, que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.
O recinto, un referente para a beleza canina
A Feira Internacional de Galicia ABANCA foi por quinta vez sede desta tripla cita da Sociedade Canina Galega. Un evento que se uniu en 2020 ao concurso nacional que esta mesma entidade organiza desde hai moitos anos no recinto coincidindo coa feira Abanca Semana Verde de Galicia. Así, o vindeiro 8 de xuño tamén se celebrará no marco deste certame o XVIII Concurso Nacional Canino Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.