O IV Salón Motor Okasión arrincou hoxe con máis de 400 vehículos e vantaxosas ofertas

Silleda, 29 de abril de 2022.- O Salón Motor Okasión abriu esta mañá  as  portas da  súa cuarta edición no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA cunha  ampla oferta de coches  seminovos,  quilómetro cero e de ocasión.

Organizado por OK  Eventos, o certame contará ata o domingo con máis  de 400 vehículos de distintas marcas, gamas e modelos, co obxectivo de adaptarse ás diferentes necesidades dos visitantes.

As catorce empresas presentes, que son tanto concesionarios  oficiais como  compravendas  multimarca de distintos puntos de Galicia, ofrecen durante  estes tres días interesantes ofertas  e  tamén condicións  especiais.  Estas son Start Motor,   Galaicar,   Golden   Car, Minerva,   CCK, Grupo Car, Pais Automoción,  Gr Cars, Senra Sport, Hyupersa, Outes Motor,  JCV, Gómez Alén  e Xaquín.  

O custo da entrada é de 3€ por persoa e día, se ben os menores de 16 anos  poden acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira é  moi  amplo para facilitar a asistencia do público,  estendéndose de 10.00h a 21.00h 

Para todo tipo de orzamentos
A exposición de este IV Salón Motor Okasión mostra vehículos de gran  diversidade de prezos,  con opcións  para todo tipo de orzamentos que van dende os 5.000 euros hasta os 80.000 euros.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal