ExpoAventura Silleda 2018, un espazo de diversión para toda a familia dende hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA


Silleda, 1.8.2018.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle dende hoxe ata o 16 de setembro ExpoAventura Silleda 2018, un parque de ocio multiaventura do que poderá desfrutar toda a familia.

Este evento, organizado por unha empresa externa, ofrecerá numerosas propostas para as tardes de verán. Así, os asistentes contan cunha ampla pista de xeo sintético, máis dunha ducia de inchables con gran orixinalidade, un carrusel e animal karts para andar tanto polo chan como pola auga dunha piscina.

Ademais, ExpoAventura Silleda incluirá unha gran tirolina, buggies e quads cos que se poderá percorre parte do recinto feiral e tamén karting e paintball tanto infantil como para adultos.

A todas estas atraccións súmase, ata o 31 de agosto, unha exposición de dinosauros nos que moitos deles serán animatronics, réplicas de última xeración que reproducen sons e movementos destes réptiles extintos.

Nesta mostra poden verse máis de 30 dinosauros pertencentes a distintas especies, os cales contan cun cartel explicativo no que se detallan aspectos como onde vivían, que comían, como se reproducían ou que tamaño tiñan. Así mesmo, inclúe talleres centrados na busca de fósiles.

Pulseira para desfrutar de todas as propostas

O acceso ao pavillón de ExpoAventura Silleda 2018 é libre, se ben o uso das súas atraccións ten custe. Así, o evento ofrece unha pulseira “todo incluído”, unha vantaxosa opción cun prezo de 20 euros que inclúe dous tickets para a pista de xeo e outros dous para a tirolina, un ticket para o karting, un para buggies e outro para paintball e ademais acceso ilimitado ao resto de actividades.

Para aqueles que non queiran mercar a pulseira, os prezos de cada actividade son os seguintes: pista de xeo sintético (5 euros), karting infantil e adulto (5 e 10 euros respectivamente), animal karts (2 euros), inchables e carrusel (en ambos casos 1 ticket terá un prezo de 3 euros e 2 tickets de 5 euros), tirolina (1 ticket 4 euros e 2 tickets  6 euros), quads, (10 euros), exposición de dinosauros (5 euros), buggies (se monta unha persoa serán 10 euros e se o fan dúas custará 15 euros), paintball infantil (10 euros con dereito a 60 bolas) e adulto (15 euros con dereito a 100 bolas).

O evento, que ofrece descontos para familias numerosas, estará aberto de luns a domingo en horario de 16.00 horas a 21.00 horas.

+ Info en: www.facebook.com/expoaventurasilleda

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal