O Spring Festival 2018 aposta por Carlos Baute en concerto e completa o seu ambicioso cartel con Panorama e París de Noia


  • O artista venezolano actuará coa súa banda durante aproximadamente dúas horas, dando comezo ás 00.00h
  • A organización donará 1.500€ ao Programa Silleda Solidario, xestionado polos Servizos Sociais do Concello de Silleda, que farán posible rehabilitar a vivenda dunha familia do municipio

Silleda, 15.3.2018.- O  Spring Festival celebrará a súa cuarta edición o 21 de abril, e farao cun ambicioso cartel no que xunto á orquestra Panorama e París de Noia figura a actuación estelar de Carlos  Baute, que actuará coa súa banda durante aproximadamente dúas horas.

Esta cita foi presentada esta mañá no Salón de Ámbito Cultural del El Corte Inglés de Santiago de Compostela, onde se destaca que a cita, na súa xa cuarta edición, consolídase e supón o pistoletazo de saída das xiras das grandes orquestras da rexión, ademais de facer unha aposta por incluír artistas da talla de Carlos  Baute. A presentación en Santiago supón un gran salto para a súa difusión.

Por orde de intervención, Ricardo Durán, director da Fundación Semana Verde de Galicia, destaca que este evento musical é unha mostra máis da extraordinaria etapa que se está vivindo na Fundación, con eventos de diferentes vertentes que se complementan e enriquecen e son a razón pola cal a Fundación está a crecer como entidade. Sinala que a presentación en Santiago axudará a que a difusión do evento sexa maior.

Jorge Silva, da empresa Piñeiro Pub, organizadora do evento, sinala que este ano se quixo dar resposta ás peticións do público e o que naceu como escaparate no que as grandes orquestras presentaban a súa Xira, enriqueceuse nesta edición co Concerto de Carlos  Baute, o cal actuará coa súa banda durante aproximadamente dúas horas. Sinala que o espectáculo se desenvolverá no pavillón 1 do recinto feiral, que terá un aforo de 8.280 persoas e que dende a organización quixeron que os asistentes gocen dunha noite de festa, nun recinto aclimatado e con aparcadoiro gratuíto e vixiado.

Engade que, por segundo ano consecutivo, quíxose facer unha achega de 1.500€ a unha entidade local, nesta ocasión ao Programa Silleda Solidario, que se xestiona desde os Servizos Sociais do  Concello.

Pablo Alonso, en representación da Orquestra Panorama, adianta que a orquestra presentará en Silleda a súa xira, Deluxe Tour, con novidades que van dende o novo escenario, dende o que amenizarán as mellores verbenas esta tempada 2018, ata o espectáculo.

Blas, da Orquestra París de Noia, resalta que como Panorama para eles será o seu segundo ano neste Festival, no que presentarán a súa proposta para a tempada 2018, que están a ultimar, baixo o  hashtag #alolocolaparis.

Manuel  Cuiña, alcalde de Silleda, confirma que o que naceu como unha oportunidade para Silleda converteuse nunha oportunidade para Galicia. Agradece o esforzo aos organizadores e ao equipo da Fundación Semana Verde polo seu traballo, e adianta que a achega que doan os organizadores ao Programa Silleda Solidario fará posible rehabilitar a vivenda dunha familia do municipio que nestes momentos vive nunha infravivenda.

O  Spring Festival abrirá as súas portas no pavillón 1 do recinto  Feira Internacional de Galicia  ABANCA ás 21.30 horas e comezará sobre  as 22.15 horas. París de Noia será a primeira agrupación en saír ao escenario, para logo dar paso a Carlos  Baute ás 00.00 horas. Tras a actuación deste artista internacional será a quenda de orquestra Panorama e, ao termo, de novo o espectáculo de París de Noia.

As entradas para asistir ao  Spring Festival pódense adquirir o mesmo día do evento en despacho de billetes cun prezo para todos os asistentes de 12€, pero ademais estarán dispoñibles a partir do próximo venres de forma anticipada, cun prezo de 10€.

Puntos de venda

En  preventa poden comprarse na web de  Abanca (entradas.abanca.com) e en numerosos puntos físicos que se corresponden con establecementos de distintos lugares de Galicia. Nesta listaxe inclúense, en Silleda, as oficinas da Fundación Semana Verde de Galicia, o restaurante Casas Novas, a cervexaría Ou  Refuxio, Tendas  Bernabé e a Taberna  do Músico (en Bandeira). En Rodeiro despacharán entradas no Pub  Quirós, en Lalín no Café  Alfonselle e as Tendas  Bernabé; en Forcarei no supermercado Eroski  City, en Vila de Cruces en Tendas  Bernabé e na Estrada tamén en Tendas  Bernabé, nas cafeterías  Invictus e no bar  Bodedos (en  Balboa –   Arnois).

Fóra das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, as entradas tamén se venderán en Cuntis no Asador  Foxos, en Santiago no restaurante Santa Isabel (na zona de Galeras), en Ourense (na  Valenzá) no local de  Móvete Galicia e na Coruña na tenda D& P (na rúa Francisco Añón)

O día 20 de marzo ás 12.00 horas pecharase a venda anticipada na web de  Abanca, mentres que nos restantes puntos de venda será ese mesmo día ás 20.00 horas ou ata esgotar existencias.
 
© 2019 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal