A entidade feiral galega está presente cun stand no que ademais de promocionar a súa cita alimentaria Salimat Abanca, tamén dá cabida a cinco empresas galegas. Así, teñen o seu espazo as firmas alimentarias Bico de Xeado (Bergondo), Queixería Daniberto (Vilalba), Panificadora Mencer (Bergondo), Valín Produtos de Galicia (Lugo) e Yatecomeré (Ribadumia).
É a segunda vez que utiliza esta fórmula co obxectivo de servir de plataforma de promoción e desenvolvemento comercial ás empresas galegas naqueles eventos de interese onde Galicia non adoita ter presenza, á vez que aproveita para fortalecer a imaxe dos seus certames.
Experiencias positivas
A Feira Internacional de Galicia ABANCA empregou por primeira vez a presenza agrupada no certame Andalucía Sabor, o cal tivo lugar o pasado mes de setembro no Palacio de Congresos y Exposiciones de Sevilla (FIBES).
Tamén Gastrónoma pertence ao sector agroalimentario e pola súa banda a entidade feiral volve a promociona o 24ª Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que se celebrará do 4 ao 7 de xuño de forma paralela á 43ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Sen embargo, o recinto non só pretende dar continuidade a este tipo de participación en citas alimentarias, senón tamén en eventos doutros sectores, xa que ata o de agora as experiencias resultaron moi positivas.