A Fundación Semana Verde pecha 2024 con récords tanto en varias feiras como nas transaccións da Central Agropecuaria de Galicia Abanca

Silleda, 12 de decembro de 2024.- A Fundación Semana Verde de Galicia pecha 2024 rexistrando un ano máis cifras récord tanto en varias das súas feiras como nas transaccións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, segundo se puxo de manifesto hoxe na reunión do seu Padroado. Esta xuntanza estivo presidida polo secretario xeral da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta, Francisco Javier Abad, en calidade de vicepresidente do Padroado, e serviu tanto para facer o balance provisional deste ano como para presentar os orzamentos para 2025.

Neste exercicio de 2024 a previsión é que a Fundación acade unha contas equilibradas logo de conseguir un superávit na súa actividade de máis de 43.000 euros, que foron investidos en equipamento que permite continuar e mellorar a actividade da Fundación. Uns resultados rexistrados logo de celebrarse 19 eventos maiores, incluídas oposicións, ademais doutros 25 eventos menores e as sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.

Nestes eventos destaca a consecución de bos resultados en citas como a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 17 anos e récords neste mesmo aspecto nos seus salóns de alimentación e turismo, cun 3,3% e un 3,1% máis de empresas presentes que nas súas mellores edicións. Tamén o seu monográfico forestal Galiforest Abanca acadou cifras máximas en expositores, cun 11,4% máis; empresas estranxeiras, cun 10% máis; superficie, un 11,5% maior, e tamén visitantes, un 34% por enriba da súa mellor marca.

A isto sumouse un novo evento propio ao calendario da entidade feiral, ExpoMunicipal, centrado nos servizos municipais e que desenvolveu a súa primeira edición en abril xunto con Enerxétika. Ademais, foi destacable a celebración de eventos doutros organizadores con gran carácter internacional, como o NOCO ISDE Galicia 2024 – Internacional Six Days of Enduro, un dos eventos mundiais máis importantes do motociclismo, que en outubro converteu o recinto no seu paddock e no escenario de diversos actos e probas, e que reuniu a 600 pilotos de 30 países.

Tamén neste exercicio destacan de novo as cifras da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, que, a falta de sumar os resultados da vindeira semana e tamén da sesión especial de becerros carniceiros do 30 de decembro, xa rexistra unha facturación de récord ao superar os 38 millóns de euros. Esta cantidade significa superar amplamente as transaccións totais do ano pasado, que ascenderan a 33.728.228 euros e supoñían tamén daquela a cifra máxima na historia da Central.

Presuposto ano 2025


A maiores, na reunión de hoxe analizouse o orzamento previsto para 2025, de 3.761.486 euros. Búscase así manter a liña positiva lograda en 2024, á espera tamén de que se materialice a celebración de probas de acceso dos distintos departamentos da Xunta, o cal é relevante nos presupostos da entidade feiral.
 

Calendario de Eventos

 
ExpoMunicipal. Feria de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
  Abanca Semana Verde
48 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

4 - 7 xuño 2026 
  Salimat Abanca
29 Salón de Alimentación do Atlántico 
4 - 7 xuño 2026 
 Fecap Abanca
XII Feira de Caza, Pesca e Natureza
4 - 7 xuño 2026  
 

Turexpo Galicia
XV Salón Turístico de Galicia
4 - 7 xuño 2026

 Festur
XII Feira das Festas de Interese Turístico
4 - 7 xuño 2026  
 

Intermax Beauty Show
II Feira de Beleza e Estética Avanzada
4 - 7 
xuño 2026 

 Galiforest ABANCA 
VIII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

2 - 4 xullo 2026 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
25 - 27 febreiro 2027
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
7 - 9 abril 2027

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

Motor Show 2025
6 - 7 decembro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025 
XGN INTERMAX AI EDITION
10 - 12 outubro 2025 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 2 agosto 2025 
 
Equina
11 - 13 Xullo 2025 
  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal