Enerxétika volverá a ser punto de encuentro del sector de la energía del 11 al 13 de abril de 2024

Silleda, 14 de abril de 2023.- A feira Enerxétika celebrará a súa cuarta edición do 11 ao 13 de abril de 2024 na Feira Internacional de Galicia ABANCA, tal e como decidiu onte o seu comité organizador nunha reunión mantida en Santiago de Compostela.

Ademais de determinar estas datas, no encontro tamén se abordaron outros aspectos para comezar a traballar xa nesta nova convocatoria coa que o certame pretende reafirmarse como punto de encontro do sector enerxético.

Con este obxectivo analizáronse os resultados da pasada edición, a cal contou con 260 firmas expositoras de 13 países representadas por 89 expositores directos de España e Portugal, celebrou máis de 80 conferencias e foi visitada por preto de 5.200 persoas. Así mesmo, valoráronse diversos aspectos a implementar ou potenciar tanto a nivel organizativo como de promoción para seguir mellorando a proposta de Enerxétika.

Compromiso do sector


O encontro contou coa presenza dunha vintena de empresas, clústers, asociacións e outras entidades de gran relevancia no sector, a cales reafirmaron o seu compromiso co certame para que se converta en foro de referencia.

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández, presidiu a reunión, na que contaron con representación o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), Clúster Galego do Autoconsumo (Agaen), Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), Energylab, Clúster da Biomasa de Galicia, Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Dirección Territorial de Comercio e Icex en Galicia, Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Federación Galega de Entidades Empresariais de Instalacións e Mantemento (Fegafón), Federación Galega de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (Fegasinel), Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia (Acegal), Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia (Apyde), Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Naturgy, Redeia - Grupo Red Eléctrica, Reganosa, Norvento Enerxía e Abanca.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal