A primeira parada do CHNC TOUR 2022 reunirá na Feira Internacional de Galicia ABANCA a preto dun centenar de binomios

Silleda, 13 de abril de 2022.- O  CHNC TOUR 2022 ponse en marcha na  Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, cunha cita que se celebrará desde o vindeiro venres, 15 de abril, ata o domingo, día 17. Serán preto dun centenar de binomios chegados de toda Galicia os que participarán na primeira das cinco probas que organiza esta tempada Concursos Hípicos non  Camiño.

A pista verde do recinto prepárase para o que será o primeiro concurso de saltos nacional organizado en Galicia esta tempada. A proba, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra,  Concello de Silleda e Fundación Semana Verde de Galicia, incluirá, ademais do concurso de saltos, un roteiro de sendeirismo baixo o amparo de  Festibandeira e tamén música para todos os públicos.

O venres 15 ás 11.00h dará comezo a primeira das tres xornadas coa proba de cruzadas, seguindo as alturas en orde  correlativo ata o final do día coa proba reina de 1,30 metros, na que o vixente campión, José Luís Milán Dopico, tentará facerse de novo co título. Tamén se celebrará unha proba de promoción e posta en valor do Camiño de Santiago, onde os xinetes terán que realizar un percorrido co seu cabalo para, na segunda parte do mesmo, coller a mochila e superar os diferentes obstáculos da pista.

Entre as actividades da primeira xornada está prevista a entrega de obsequios a todos os participantes, froito da colaboración entre a organización e a tenda ecuestre  Tuxe  Life, e tamén o concerto de La Movida para pechar o inicio da proba.

Como novidade nesta edición, o concurso poderá seguirse de forma íntegra en  streaming, a través da plataforma  Clipmyhorse.

CHNC TOUR 2022 volve poñer á  Feira Internacional de Galicia ABANCA no panorama nacional da hípica, nunha aposta clara por recuperar e asentar os concursos de saltos en Silleda.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal