Galiforest Abanca, co obxectivo de fortalecer o seu importante crecemento, traslada unha semana as datas anunciadas tras o seu aprazamento e finalmente será do 30 de xuño ao 2 de xullo de 2022

Silleda, 27 de maio de 2021.- O Comité Organizador do monográfico forestal  Galiforest Abanca decidiu o pasado 6 de maio fixar a súa sexta edición do 23 ao 25 de xuño de 2022, descartando a súa celebración este ano co obxectivo de que o certame non se vexa afectado de ningún xeito por aspectos derivados da COVID-19 e garantir así a súa excelente progresión. No encontro mantido entón polo Comité valoráronse tamén as datas do 30 de xuño ao 2 de xullo, considerando que ambas eran adecuadas e non supoñían diferenzas substanciais.

Sen embargo, tras o anuncio público, algunhas empresas expositoras habituais do certame, e outras con interese en participar na próxima cita, consultaron á  Feira Internacional de Galicia ABANCA se habería posibilidade de variar lixeiramente esas datas previstas. O motivo é que a festividade de San Xoán, celebrada en múltiples municipios e algunhas comunidades autónomas, coincide cunha das xornadas do certame e isto podería supoñerlles dificultades organizativas e loxísticas.

Dese modo, dende a Organización, e en estreito contacto coas empresas que conforman o Comité Organizador, atendéronse estas consideracións, valorando tanto a situación destas empresas como a posibilidade de que esta circunstancia poida tamén afectar a expositores potenciais e aos visitantes profesionais de distintos lugares.

Así, para facilitar ao máximo a participación das empresas e profesionais no certame, e para consolidar e fortalecer o seu espectacular crecemento, decidiu fixar a súa celebración do 30 de xuño ao 2 de xullo de 2022. Será entón cando  Galiforest Abanca se converta de novo en espazo de referencia para o sector forestal.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal