O schnauzer miniatura Made in Spain Heru, campión da 41ª Exposición Internacional Canina na Feira Internacional de Galicia ABANCA

 

Silleda, 6 de setembro de 2020.- O schnauzer miniatura Made in Spain Heru alzouse hoxe como campión da 41ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 94ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, as cales se disputaron neste recinto feiral dende primeira hora da mañá e estiveron organizadas pola Sociedade Canina Galega.

Este exemplar é o Best in Show de ambas Exposicións, xa que o xulgamento destas competicións é común e, polo tanto, os seus resultados coincidentes nas distintas categorías. O can vencedor pertence a Jacqueline Lasry, de Madrid.

Por outra banda, o reserva foi un can de raza carlino de nome Los Chatos del Norte Set Fire to de Rain, de José Luis e Mercedes Santiago Pier, de A Coruña, mentres que o terceiro posto acadouno o samoyedo Samspring León Killer, de Pedro Miguel Da Silva Brito, de Portugal. Estes dous cans xa acadaran estes mesmos postos na 93ª Exposición Nacional celebrada onte no recinto.

Estes exemplares foro elixidos como os mellores da Exposición entre 300 cans de distintos puntos de España, Portugal e Inglaterra que competiron nas finais da categoría de “Adultos”, ás cales poden optar tamén os cans con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.

Ademais, no resto das categorías, tamén se elixiu aos tres mellores. En “Moi Cachorros” o vencedor foi ao igual ca na Exposición Nacional de onte o samoyedo Samspring Dreamaker I,m Legendary, do portugués Pedro Miguel Da Silva Brito, mentres que en “Cachorros” tamén repetiu o can sen pelo mexicano standard Montenegro Arena, da portuguesa Filipa Santos.

En “Xóvenes” a gañadora foi unha femia de bulldog francés de nome D´Cies Dracarys, propiedade de Luis González Fernández, de Vigo, ao tempo que en “Veteranos” venceu a spaniel continental enana Snob-Zone African Moon, propiedade de Aurora Arnanz. de Segovia, a cal xa gañara tamén onte na 93ª Exposición Nacional. En “Razas Españolas” o mellor foi o can da raza gos rater Valencia Ain de El Principado, propiedade de Paulino Junquera, de Asturias.

Recoñeceuse ademais a mellora “Parella”, composta polos exemplares de english toy terrier Ch Nanozova D.J. Malcom e Ch Nanozova Princess of Norway, propiedade de Mónica Martínez, de Santiago de Compostela. En canto ao mellor “Grupo de Cría”,  estivo conformado polos tres podencos ibicencos de pelo duro do afixo de Arturo García, de Ávila, de nomes Isaac de la Sierra de Ávila, Ubeda de la Sierra de Ávila e Ulises de la Sierra de Ávila, que xa onte venceron nesta categoría.

Nesta 94ª Exposición Nacional Canina e 41ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA participaron en total máis de 350 exemplares de máis de 100 razas procedentes de distintos puntos de España. Foron valorados en cinco rings distintos por seis xuíces de España e Portugal que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

Por outra banda, os participantes obtiveron nestas competicións puntos para o Campionato de España e o Campionato Internacional e tamén puntuaron para Mellor Can do Ano en Galicia dos Socios da  Sociedade Canina  Galega, campionato para os membros desta entidade que comeza o día 1 de xaneiro e finaliza co último concurso do ano.  Ademais, serviron para seleccionar aos cans que serán convidados á Gala TOP32, á cal asisten os 32 cans que obtiveron máis méritos durante todo o ano anterior nas exposicións e concursos que celebra a entidade en Galicia. Dado que este evento ten lugar na primeira exposición do ano seguinte, os seleccionados este ano participarán na Gala TOP32 do 2021.

Espazo de referencia para o mundo canino

Esta dúas competicións sumáronse á 93ª Exposición Nacional Canina celebrada onte no recinto, na cal se elixiu como campión ao dogo arxentino Bucanero Las Alcanas, pertence a Rebeca Vallellano, de Madrid. Tres citas que reuniron a cerca de 700 cans de 118 razas procedentes de tres países e que converteron á Feira Internacional de Galicia ABANCA en espazo de referencia para o mundo canino ao tratarse de competicións de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos.

 

>>> Fotografías da Exposición Canina <<<

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

O dogo arxentino Bucanero Las Alcanas alzouse hoxe como campión da 93ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA 

Silleda, 5 de setembro de 2020.- O dogo arxentino Bucanero La Alcana alzouse hoxe como campión da 93ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal se disputou neste recinto feiral dende primeira hora da mañá.

Este can, que é o Best in Show de toda a Exposición, pertence a Rebeca Vallellano, de Madrid. O reserva foi un can de raza carlino de nome Los Chatos del Norte Set Fire to de Rain, de José Luis e Mercedes Santiago Pier, de A Coruña, mentres que o terceiro acadouno o samoyedo Samspring León Killer, de Pedro Miguel Da Silva Brito, de Portugal.

Estes exemplares foro elixidos como os mellores da Exposición entre 280 cans de distintos puntos de España que competiron nas finais da categoría de “Adultos”, ás cale poden optar tamén os cans con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.

Ademais, no resto das categorías, tamén se elixiu aos tres mellores. En “Moi Cachorros” o vencedor foi o samoyedo Samspring Dreamaker I,m Legendary, tamén do portugués Pedro Miguel Da Silva Brito, mentres que en “Cachorros” foi o can sen pelo mexicano Montenegro Arena, da portuguesa Filipa Santos.

En “Xóvenes” o gañador foi unha femia de braco de weimar de pelo corto de nome Camelot´s She,s My Best Girl, de Jordi Torres Gamero,  ao tempo que en “Veteranos” o campión foi a spaniel continental enana Snob-Zone African Moon, propiedade de Aurora Arnanz. de Segovia.

En “Razas Españolas” gañou o podenco ibicenco de pelo duro Isaac de la Sierra de Ávila, de Arturo García, de Ávila Recoñeceuse ademais a mellora “Parella”, conformada polos exemplares de pequeno lebrel italiano Fento do Ceo da Marquesa e Piccolitas Danae, de Miguel Ángel Álvarez, de A Coruña. O mellor “Grupo de Cría” estivo conformado por os tres podencos ibicencos de pelo duro do afixo de Arturo García, de Ávila, de nomes Isaac de la Sierra de Ávila, Ubeda de la Sierra de Ávila e Ulises de la Sierra de Ávila.

Nesta 93ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, que ten como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores cans para a cría, participaron en total cerca de 350 exemplares de máis de 100 razas procedentes de distintos puntos de España. Foron valorados por cinco xuíces que tiveron en conta a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

Esta cita, organizada pola Sociedade Canina Galega, é de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. Os participantes tamén obtiveron nesta competición puntos para o Campionato de España.

Por outra banda, estas competición, xunto coas de mañá domingo, puntúa para Mellor Can do Ano en Galicia dos Socios da  Sociedade Canina  Galega, campionato para os membros desta entidade que comeza o día 1 de xaneiro e finaliza co último concurso do ano.  Ademais, tamén xunto coas que terán lugar mañá, serve para seleccionar aos cans que serán convidados á Gala TOP32, á cal asistente os 32 cans que obtiveron máis méritos durante todo o ano anterior nas exposicións e concursos que celebra a entidade en Galicia. Dado que este evento ten lugar na primeira exposición do ano seguinte, os seleccionados este ano participarán na Gala TOP32 do 2021.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal