Equina Galicia pechou hoxe a súa sexta edición celebrando varias probas e entregando os seus premios principais

 

Silleda, 2 de agosto de 2020.- Equina Galicia 2020, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, finalizou hoxe tres días de competicións no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

O VI Campionato de España Pura Raza Española- ANCCE de Galicia, eixo central deste evento, levou a cabo esta maña as súas seccións de cobras de 3 e de 5 eguas e os seus premios especiais. Xa ao mediodía celebrouse a entrega de premios do Campionato, na cal participaron o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Español (ANCCE), Juan José Morales, o presidente de  ACCEGA, Manuel Benavides, e o director da  Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán.

O Campión do Concurso foi Belmonte Torreluna, propiedade da gandería Santos Pereira (Ponte Caldelas, Pontevedra), mentres que a Campioa do Concurso foi Navieira  RJ, da gandería Carlos Calvelo Simón (Santiago de Compostela, A Coruña). Os subcampións foron, en machos, Cristiano CP, da gandería Manuel Cañas Fachal (Carral, A Coruña) e en femias, Tormenta CPK, da gandería Carlos Conde (Santiago de Compostela).

En canto ao Campión e a Campioa Xoven foron, respectivamente, Godo CPK, da gandería  Gornazo (Cantabria), e Heroica Roig, propiedade da  Yeguada Roig SAT Labor de Caballería (Valencia). Como subcampións xóvenes alzáronse, en machos,  Repolón  HCL II, da  Yeguada Hermanos Castro Lago (A Coruña), e en femias, Minerva de Vida III, propiedade da gandería Miguel Castro Lago (A Coruña).

O campión adulto Mellores Movementos foi Gringo Mon, da  Yeguada La Montaraza (Burgos), mentres que a campioa foi Resaca CPK, da gandería Carlos Soneira Romero (Teo, A Coruña). A campioa xoven de Mellores Movementos foi Dama Torreluna, propiedade da gandería Santos Pereira (Ponte Caldelas) e a subcampioa Minerva de Vida III, de Miguel Castro Lago (A Coruña).

En Funcionalidade o campión foi  Zeo de Pena, da gandería Pena (Lugo) e o subcampión Belmonte  Torreluna, da gandería Santos Pereira.

Respecto á Mellor Gandería deste VI Campionato, foi Joaquín Díaz Rubio (Cáceres, Estremadura). O mellor presentador foi o andaluz  J. Manuel  Morente Avilés.

En canto aos premios concedidos por ACCEGA neste concurso, o mellores poldro e poldra nacidos en Galicia foron, respectivamente,  Repolón  HCL II, de  Yeguada Hermanos Castro Lago e Minerva de Vida III, da gandería Miguel Castro Lago.

Neste concurso  morfofuncional, que se celebraba por primeira vez baixo a categoría 2 estrelas, participaron preto dun centenar de exemplares de pura raza española pertencentes a 45 ganderías procedentes de oito comunidades autónomas. Celebrado baixo o regulamento da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE), é clasificatorio para a final do Campionato do Mundo. Ademais, este concurso é ata o momento o único morfofuncional de dúas estrelas que se sacou adiante este ano en España.

Enganches


Equina Galicia tamén acolleu hoxe a segunda xornada da Copa Galega de Enganches, que este ano conta con 7 probas. Organizada pola Federación Galega de Enganches, contou cunha trintena de saídas a pista.

A competición incluíu cinco modalidades. En  Benxamín alzouse coa vitoria  Ainoa González (Tui, Pontevedra), seguida de Lorena Sierra, de Arbo (Pontevedra). En Junior, a campioa foi Marta Areal (Tui), mentres que en  Sulky, coches de dúas rodas tirados por un cabalo, venceu Serafín Martínez, seguido de Fátima Pereira, ambos de Ponte Caldelas (Pontevedra).

En  Limonera, consistentes en carruaxes de catro rodas cun cabalo, o  pódium estivo composto por Marcos González (Tui), Enrique Sierra (Arbo) e Ana Domíguez (Tui). En Tronco, modalidade que inclúe tamén coches de catro rodas pero con dous cabalos, repetiuse o  pódium de  Limonera.

Doma Clásica

Por outra banda, Equina Galicia 2020 celebrou onte tres probas de  doma clásica, con 60 participantes tanto de Galicia como doutros puntos de España.

En canto ao II Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de  Doma Clásica, o cal pretende fomentar as pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural galego, houbo dúas categorías. En menores o ouro foi para Eloy Bascoy  Piñol con  Sietel, a prata para Ainara Sotelino Patiño con Senador  CS, e o bronce para Sabela González Pastor con  Emerson. En adultos, o campión foi Juan Ramón Cancela con Cunqueiro De  Gar, o segundo posto para  Jesún Riveiro Castiñeiras con  Quixote e o terceiro para María José Mosteiro con  Empaste  AGS.

En canto á  XXII Copa  Accega en menores o ouro foi para Senador  CS montado por Ainara Sotelino Patiño, a prata para Aaron X montado por Ainhoa Fernández e o bronce para  Emerson montado por Sabela González. En adultos o gañador foi Devuelto montado por José Estévez, seguido de Cunqueiro De  Gar montado por Juan Ramón Cancela e por  Empaste  AGS montado por María José Mosteiro.

En canto ao Territorial, que este ano é puntuable para o Campionato de Galicia, en Asento e Posición o primeiro posto foi para Celia González Balsa e o segundo para Candela Ramos Álvarez. En Asento Preliminar de primeiro a terceiro foron Carlota Fernández Prieto, Daniel Tacón Martínez e Noa Dopazo Torres. En  Benxamines a campioa foi Xiana Araujo Chamorro e a subcampioa Alicia Ramos Barreiro. En Alevíns Equipos o  pódium estivo composto por  Lorea García Gutiérrez, Sara Veiga Brea e Daniel Rey González. En Rider 1A de primeiro a terceiro foron  Nathalie Oubiña Castro, Paula Pedrosa  Novas e Beatriz González del Valle. En Infantís Equipos o primeiro e segundo posto foro para Eloy Bascoy, con  Sietel no primeiro caso e con Tornado no segundo, mentres que o terceiro foi para Sabela González Pastor. En Rider 2A venceu Noelia Aguiar Barreiro, seguida de Dominique  Wergfund e José Estévez. En Rider 2 B recoñeceuse a Ainara Sotelino, mentres que en Rider 3A foron galardoados de primeiro a terceiro Jaime Pedrosa  Novas, Inés Martínez Barros e José Estévez Carballo. En Xuvenís 0* recoñeceuse a Eva González García, mentres que en Clásica 1 o  pódium foi para María José Mosteiro con  Empaste, Juan Ramón Cancela con Cunqueiro e Manuel Chamorro con Cairel. En canto á categoría San Jorge, gañou Jesús Riveiro Castiñeiras con  Quixote, conseguindo o segundo posto Daniel Louzán Miguens con  Goloso  CVII. Por último, en Preliminar Poldros de 4 anos foi recoñecido o binomio conformado por  Mimosín  SH e Alejandro Gómez.

 

>>> Fotografías de Equina 2020 

 
© 2020 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención ao público: de luns a xoves de 9 a 14 e de 15 a 18 horas. Venres de 8 a 15 horas