O II Outlet Car Silleda abrirá a tempada de feiras do vehículo de ocasión en Galicia do 6 ao 8 de setembro

Silleda, 2 de agosto de 2019.- Tras o éxito da súa primeira edición, o salón  Outlet  Car Silleda volverá celebrarse no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA do 6 ao 8 de setembro.

Organizada por OK Eventos, será a primeira feira do vehículo de ocasión da tempada en Galicia e contará cunha gran exposición na que se mostrarán máis de 500 vehículos  seminovos, quilómetro cero e de segunda man.

Nesta segunda convocatoria participará unha vintena de empresas de distintos puntos de Galicia, entre oficiais e compravendas  multimarca. Todas elas ofrecerán condicións e prezos especiais para este evento.

Os visitantes poderán escoller entre unha ampla variedade de marcas e modelos, con opcións económicas e tamén vehículos de alta gama. A mostra estará situada no pavillón 1 do recinto, o cal conta con 11.000 metros cadrados.

O custo da entrada será de 3€ por persoa e día, aínda que os menores de 16 anos poderán acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira, que contará con servizo de restauración, será de 10.00  h a 20.00  h os tres días.

Primeira cita con bos resultados

O Outlet Car Silleda celebrou a súa primeira edición en setembro do ano pasado con bos resultados tanto de público como de vendas.

Así, foron máis de 4.000 persoas as que visitaron o evento e algo máis de 140 os vehículos vendidos, a maioría durante a súa celebración pero tamén nos días posteriores co peche de operacións nos concesionarios.
 
© 2019 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal