A Feira Internacional de Galicia ABANCA estrea campamentos de verán no seu calendario coa celebración do Silleda Summer Camp


Silleda, 2.6.2017.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA converterase en campamento durante este verán. Será a primeira vez que este recinto organice nas súas instalacións unha actividade destas características, e farao cunha proposta dirixida a nenos e xóvenes de entre 8 e 16 anos.

O Silleda Summer Camp desenvolverase en dúas quendas dunha semana de duración cada unha, sendo a primeira delas do 30 de xullo ao 5 de agosto e a segunda do 6 ao 12 de agosto.

Os eixos centrais deste campamento serán a equitación e a aprendizaxe de inglés, aos cales se dedicará a maior parte do tempo. Respecto á primeira, os participantes contarán con dous niveis, básico e avanzado, os cales incluirán manexo do cabalo, alimentación, coidade e hixiene diarios, material de traballo e monta destes animais. Todo elo contando cun técnico especialista en equitación.

En canto ao inglés, os rapaces aprenderán ou perfeccionarán o idioma con profesores nativos e a través de diversas actividades, como talleres de cociña e de reciclaxe ou xogos tradicionais británicos.

O Silleda Summer Camp incluirá ademais outras actividades para os participantes, que se localizarán na súa maioría ao aire libre. Algunhas delas serán propostas na natureza, como orientación, pesca, educación ambiental ou slackline, un deporte de equilibrio no que se usa una cinta que se engancha en dous puntos fixos entre dúas árbores. Tamén haberá actividades multideporte, como minigolf, baloncesto ou fútbol, ademais de piscina e karting.

Instalacións idóneas con ring hípico


O recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA conta cunhas características excelentes para a celebración dun campamento, pola súa gran amplitude e pola diversidade de espazos tanto para a estancia dos rapaces como para a celebración das actividades. Neste sentido, a dispoñibilidade tanto de caballerizas como dun ring hípico convérteno no lugar idóneo para a práctica da equitación e todo o que rodea á mesma.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal