A emblemática feira multisectorial Abanca Semana Verde de Galicia celebrará o seu 40º aniversario do 8 ao 11 de xuño de 2017

É un referente no noroeste peninsular pola amplitude, diversidade e novidades da súa área expositiva e o seu programa de actividades


Silleda, 14 de setiembro de 2016.- O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá do 8 ao 11 de xuño de 2017 a 40ª edición da feira Abanca Semana Verde de Galicia.

Neste aniversario a feira volverá a contar coa formulación que o ten convertido no certame multisectorial de mostras e ocio de referencia no noroeste peninsular, a cal conxuga unha gran área expositiva con presenza dos máis variados sectores e un completo programa lúdico con actividades para todos os públicos.

Unha atractiva proposta que nesta vindeira convocatoria potenciará a diversidade e a incorporación de novidades que xa a caracterizan en cada edición, co obxectivo de atraer novamente ás decenas de miles de visitantes que acoden cada ano a esta cita.

De forma paralela á 40ª Abanca Semana Verde de Galicia celebrarase o vixésimo primeiro Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, co obxectivo de constituír un efectivo escaparate e espazo de negocio para o sector alimentario e gastronómico. Nas mesmas datas tamén se levará a cabo a cuarta edición da Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca, como o único punto de encontro para empresas, profesionais e afeccionados a estas actividades da comunidade galega.

Así mesmo, celebraranse simultaneamente o VII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, e a IV Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, ao igual que na pasada edición, cando estes certames compartiron data por primeira vez con esta feira multisectorial.

Edición 2016

A 39ª Abanca Semana Verde de Galicia tivo lugar do 9 a 12 de xuño xunto aos seus certames paralelos Salimat Abanca e Fecap Abanca, demais de incorporar as feiras Turexpo Galicia e Festur. Rexistraron unha afluencia de público que superou amplamente os 100.000 visitantes, os cales acudiron para coñecer a oferta dos 590 expositores presentes na súa área expositiva e para participar nas máis de 170 actividades celebradas.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal