Equina potencia a súa edición de 2016 ampliando número de exemplares participantes e programa de actividades


Silleda, 12 de maio de 2016.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición do evento ecuestre Equina, o cal se celebrará do 17 ao 19 de xuño no recinto e que nesta ocasión estará centrado nos cabalos de pura raza española.

Ricardo Durán, presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, foi o encargado de abrir as intervencións, expresando a súa satisfacción por contar “con eventos vinculados con  deporte e o medio rural” e agradecendo a ACCEGA, organizadora do evento, a súa aposta polas instalacións da Fundación. Así mesmo, destacou o “paso cualitativo e cuantitativo” desta edición, na que “no van a chegar os 92 boxes” dos que dispón o recinto, o cal deberá alugar máis para cubrir a demanda de Equina 2016.

Pola súa banda, o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, destacou Equina por dar protagonismo a un deporte como é o ecuestre, “moi vinculado á nosa cultura galega” e que “aglutina todas as idades”. Ademais, incidiu en que se debe desenvolver máis esta actividade deportiva e no “potencial que ten o cabalo na nosa comunidade a todos os niveis”. En canto á concelleira de Emprego, Turismo, Comercio, Industria, Deportes e Persoal do concello de Silleda, Ana Luisa González, expresou que están “encantados de que por segundo ano se escollera Silleda” para levar a cabo este evento, ademais de ofrecer aos organizadores a súa colaboración.

Programa e participantes

Manuel Benavides, presidente da Asociación de Criadores de Caballos Españoles de Galicia (ACCEGA), foi o encargado de detallar o evento, sobre o cal indicou que “en torno a 500 persoas estarán ligadas directamente” e suporá unha inversión “duns 40.000€”, ademais de incidir en que a súa entrada será gratuíta e que esperan superar a asistencia de público da pasada edición.

Dentro desta cita destacou a súa proba estrela, o II Campeonato de España Pura Raza Española-ANCCE Galicia, o cal é o segundo que realizan a nivel nacional (o primeiro foi en 2015 tamén no marco de Equina) e este año será un dos 15 que se levarán a  cabo en todo o territorio español con esta categoría, coa súa final no Salón Internacional del Caballo, SICAB. Neste concurso morfofuncional  esperan reunir “uns 160 exemplares” de distintos puntos de España, superando así os 130 que acudiron na pasada edición. A organización facilitará a participación aos criadores e gandeiros de pura raza española costeándolles integramente as inscricións, boxes e corraletas deste concurso.

Benavides explicou tamén que se tratará de crear unha zona comercial complementaria e falou do resto do programa de actividades de Equina 2016, que contará con catro pistas para a súa realización e que inclúe a XVIII Copa ACCEGA de Doma Clásica, espectáculos de carrusel da Escuela Hípica de Galicia, conferencias centradas na pura raza española, bautismo hípico para os máis pequenos e  actividades relacionadas coa modalidade de Enganches.

Respecto a esta última proposta do programa falou Agustín Formoso, vogal de Enganches da Federación Hípica Galega, quen detallou que no marco de Equina 2016 levaranse a cabo catro probas de Enganches do campionato galego nas categorías de Limonera (un cabalo), Tronco (dous cabalos) e Cuarta (catro cabalos), as cales se enmarcan no I Concurso de Enganches Indoor-Open de Galicia. Así mesmo, indicou que esperan contar cuns 20 ou 25 coches e de que esta modalidade “está tendo moita afección”.

Tamén estivo presente na presentación Eduardo Maceda, presidente do xurado de apelación do Campeonato de España  Pura Raza Española-ANCCE de Galicia.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal