A Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá unha nova edición de Equina do 17 ao 19 de xuño de 2016


    • II CAMPIONATO DE ESPAÑA PRE- ANCCE DE GALICIA SERÁ O PROTAGONISTA DESTA CITA NA QUE TAMÉN SE LEVARÁN A CABO OUTRAS ACTIVIDADES CENTRADAS NOS ÉQUIDOS DE PURA RAZA ESPAÑOLA

Silleda, 21 de xaneiro de 2016.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá do 17 ao 19 de xuño de 2016 unha nova edición do evento ecuestre Equina, o cal nesta ocasión estará protagonizado polos cabalos de pura raza española.

Organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), Equina 2016 terá como eixo central a celebración do II Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, unha proba morfofuncional na que se valorará tanto a morfoloxía dos exemplares participantes como os seus movementos.

Este concurso, que terá lugar no ring hípico do recinto feiral, será clasificatorio para a final do Campionato de España que se celebrará no marco do salón SICAB (Sevilla).

Nesta competición participarán exemplares procedentes de distintos puntos de España, moitos deles pertencentes a criadores de renome que garantirán a relevancia e atractivo desta cita ecuestre. Ao longo dos tres días de celebración incluirá distintas seccións de poldros, poldras, eguas e cabalos.

Outras actividades

Ademais deste II Campionato de España PRE- ANCCE de Galicia, Equina 2016 acollerá no seu marco outras actividades relacionadas cos cabalos de pura raza española, as cales se definirán nos vindeiros meses.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal