Unha delegación da asociación agraria portuguesa Ajasul visitou esta mañá a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA


    • Os seus catro compoñentes percorreron as instalacións e coñeceron o seu funcionamento guiados polo coordinador deste mercado

Silleda, 12 de xaneiro de 2016.- A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA recibiu esta mañá a visita dunha delegación de Ajasul, asociación portuguesa de xóvenes agricultores radicada na cidade de Évora, situada na rexión do Alentejo, no sur de Portugal.

A delegación, composta por dous membros da asociación, un representante do Mercado Rexional do Alentejo  e outro do Concello de Évora, estivo dende primeira hora da mañá e ata cerca da unha do mediodía nas instalacións da Central para coñecer tanto a súa estrutura como o seu funcionamento, o cal inclúe o sistema de puxas que converte á Central na única informatizada de España.

Así, guiados polo coordinado da Central, percorreron as dúas naves que acollen cada martes o gando bovino, a zona de Administración onde se recollen e informatizan as puxas, a sala de Puxas onde se dan a coñecer os prezos máximos, a depuradora e a estación de lavado de vehículos.

O motivo desta visita era coñecer en profundidade a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de cara a deseñar as novas instalacións que a asociación e as outras entidades presentes na delegación ten proxectado construír a medio prazo para as puxa semanais de gando bovino que Ajasul celebra en Évora.

Colaboración

Por outra banda, Ajasul colaborará coa Fundación Semana Verde de Galicia na difusión entre os seus asociados de información da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA e tamén dos eventos da entidade centrados no sector agropecuario. Así mesmo, incluirá esta información na súa páxina web.

Ajasul, que conta con cerca de 500 socios centrados na súa maioría na rexión do Alentejo Central, no sur de Portugal, ten como orixe a JAP (Jóvenes Agricultores Portugueses), fundada en xaneiro de 1980 como a primeira organización de xóvenes agricultores xurdida en Portugal.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal