A Feira Internacional de Galicia celebrará o salón turístico Turexpo Galicia 2015 do 20 ao 22 de marzo

Será a súa quinta convocatoria, tras as súas tres edicións en anos impares no recinto e unha en anos pares e con carácter itinerantes levada a cabo os pasados días en Ferrol


• CONSTITUIRÁ UN ESPAZO DE NEGOCIO PARA O SECTOR, CONXUGANDO ÁREA EXPOSITIVA, PROGRAMA DE ACTIVIDADES E A SÚA IMPORTANTE BOLSA DE CONTRATACIÓN, A CAL CONTA CON VISITAS GUIADAS POR TODA GALICIA PARA DECENAS DE TOUROPERADORES
• CONVERTERASE ADEMAIS NUN ATRACTIVO ESCAPARATE DE PROPOSTAS E DESTINOS PARA O PÚBLICO XERAL

Silleda, 9 de outubro de 2014.-  A Feira Internacional de Galicia celebrará do 20 ao 22 de marzo o salón Turexpo Galicia 2015, o cal volverá a converter ao recinto nun punto de encontro para o sector do turismo.

Esta será a súa quinta convocatoria, tras as súas tres edicións en anos impares no recinto e a celebrada do 4 ao 7 de outubro en Ferrol. Esta última constituíu a primeira das súas edicións en anos pares e con carácter itinerante, as cales contan soamente con bolsa de contratación pero no con área expositiva e se celebrarán en distintas cidades de Galicia nas súas convocatorias.

Na súa cita de 2015 Turexpo Galicia conxugará, como en todas as edicións de anos impares, unha atractiva área expositiva, un completo programa de actividades tanto técnicas como lúdicas, e a súa Bolsa de Contratación Turística, a cal é xa un referente no noroeste peninsular, con visitas guiadas para touroperadores nacionais e internacionais que veñen a coñecer os tesouros turísticos galegos para ofrecelos aos seus potenciais clientes en España e no estranxeiro, tras un ano no que a afluencia de turistas a Galicia está acadando récords absolutos.

Con todo elo, o certame constituirá unha efectiva plataforma de negocio para o sector e un interesante escaparate de propostas e destinos para o público xeral.

A súa organización, en marcha

A Feira Internacional de Galicia comezou xa a organización desta nova edición de anos impares de Turexpo Galicia, que contará co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o IGAPE, e para a cal se contempla nas vindeiras semanas unha reunión co Comité Organizador na que se implementarán distintos aspectos desta cita feiral.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal