Silleda, 11 de xuño de 2019.- O Club Rottweiler de España (C.R.E) informa que o XXII Campionato Nacional de Traballo, previsto para a vindeira fin de semana no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, non se levará a cabo por motivos organizativos.
O Club Rottweiler de España, organizador da proba, e a Feira Internacional de Galicia ABANCA, esperan volver a colaborar no futuro na celebración deste ou doutros eventos.