Silleda Park inaugurou hoxe coa actuación de Panorama Kids once días de diversión con atraccións e actividades


    • MÁIS DE 300 PERSOAS ACUDEN AO MUSICAL, O CAL TERÁ UNHA DURACIÓN APROXIMADA DE DÚAS HORAS
    O PARQUE CONTINUARÁ ABERTO ATA O DOMINGO PARA ABRIR DE NOVO AS PORTAS DO 25 AO 27 DE DECEMBRO E DO 2 AO 5 DE XANEIRO

Silleda, 17 de decembro de 2015.- O parque de atraccións Silleda Park abriu hoxe ás 16.00 horas as súas portas nos pavillóns 1 e 2 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA para ofrecer aos máis pequenos once días de diversión nos que haberá tanto atraccións permanentes como actividades.

O parque inaugúrase hoxe acollendo unha destas actividades, a actuación de Panorama Kids. Esta, que está a ser presenciada por más de 300 persoas, deu comezo en torno ás 19:00 horas e terá unha duración aproximada de dúas horas. 

Os asistentes están a ver un espectáculo no que a través dunha historia aparecen en escena personaxes como Aladín, La Bella y la Bestia ou La Sirenita, entre moitos outros, os cales se mesturan con coreografías e sorpresas.

En canto ás atraccións, os nenos xa desfrutaron hoxe da ampla oferta que estará presente todos os días, cun saltamontes, unha pista de coches, un dragón, unha olla, un tiovivo, un barco, un tirachinas e diversos inchables, ás que se suman pistas de fútbol, baloncesto e karting e tamén máquinas recreativas. Ademais, de forma permanente conta cun divertido photocall.

Respecto ás actividades, levaranse a cabo exhibicións deportivas e vistosos espectáculos. Así, o domingo día 20, a cargo das Escolas Deportivas de Silleda, realizaranse clases de Kung Fu e Zumba para os nenos presentes e tamén exhibicións de Kung Fu por parte dos profesores.

Xa nos vindeiros días de celebración terá lugar a actuación de El Show de los Payasos, o  26 de decembro,  unha exhibición de Zumba Batudance de Pobra do Caramiñal o 27 e a Cabalgata de Reis de Silleda o 5 de xaneiro, ademais dalgunha outra proposta. Pódense consultar os horarios en www.feiragalicia.com/silledapark.

O parque abre as súas portas dende hoxe ata o vindeiro domingo día 20, para logo continuar do 25 ao 27 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. O seu horario é de 16.00h a 21.00h.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal