300 persoas participan na I Comida Solidaria da AECC no Deza que ten lugar na Feira Internacional de Galicia

Este documento non está traducido / There are no translations available.

Este evento forma parte dunha xornada solidaria que tamén conta durante todo o día con actividades de ocio e a partir das 22.30 horas co Festival contra el Cáncer


  • ACUDIRON ALGÚNS DOS ARTISTAS QUE ACTÚAN NO FESTIVAL, DIVERSOS ALCALDES DA COMARCA, MANDOS DA GARDA CIVIL E OUTRAS AUTORIDADES
  • O PERIODISTA FIDEL FERNÁN ESTÁ A ACTUAR DE PRESENTADOR DESTA CITA, A CAL XA ACOLLEU O XANTAR E O SORTEO DE AGASALLOS E CONTINUARÁ CUNHA SESIÓN DE BAILE CO DJ SANSE, A CANTANTE SABELA E O GRUPO SONS DA MINA

Silleda, 8 de novembro de 2014.- A Feira Internacional de Galicia está a acoller dende as 14.30 horas a I Comida Solidaria da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) no Deza, a cal conta coa asistencia dun número aproximado de 300 persoas, xa que ás 200 entradas adquiridas de forma anticipada sumouse unha importante venta na propia comida que incluso obrigou á organización a incorporar máis postos para os asistentes.

Esta I Comida Solidaria, que continúa a celebrarse no pavillón 8 do recinto, contou  coa asistencia dos alcaldes de Silleda, Lalín, Dozón, A Estrada e Cotobade, e coa alcaldesa de Forcarei, ademais da senadora Paula Fernández, diversos mandos da garda civil e outras autoridades. Así mesmo, acudiron varios dos artistas que esta noite actúan no Festival contra el Cáncer, os cales foron Nacho Campillo (de Tam Tam Go), Pepe Begines (de No me pises que llevo chanclas), Javier Ojeda (de Danza Invisible) e Bernardo Vázquez (de The Refrescos). Estes estiveron acompañados durante o xantar do director da Fundación Semana Verde.

A Fundación Semana Verde de Galicia cedeu para esta comida o local, o mobiliario e o enxoval, mentres que o menú, que consistiu en sopa, caldo e sobremesa, foi elaborado con alimentos doados polo comercio do Deza e por parte dun grupo de voluntarios coordinados pola restauradora Ana González.

Pero este evento, presentado polo periodista Fidel Fernán, está a ofrecer aos asistentes máis atractivos que a propia comida. Así, unha vez rematado o ágape, realizouse o sorteo de agasallos cedidos por comerciantes da comarca e está a acoller unha sesión de baile na que acúan o DJ silledense Sanse, a cantante Sabela e o grupo de Merza Sons da Mina (finalmente Toñito de Poi non puido asistir).

O director da Fundación recibe a insignia da AECC

A Asociación Española Contra el Cáncer quixo recoñecer a colaboración prestada pola Fundación Semana Verde de Galicia tanto nesta comida como no Festival entregando a insignia da entidade ao seu director, Ricardo Durán, quen a recibiu de mans da presidenta da Asociación en Pontevedra, María José Crespo.

Xornada solidaria

Esta I Comida Solidaria da AECC no Deza forma parte dunha xornada solidaria na que tamén se pode desfrutar de actividades de ocio e dun concerto. Así, durante todo o día no pavillón 2 da Feria Internacional de Galicia lévanse a cabo actividades lúdicas por parte de Turnativa, empresa que colabora con la AECC donando el 10% da recaudación obtida e que conta con karting, tirolinas, paintball ou rocódromo.

Xa a partir das 22.30 horas celebrarase no pavillón 1 do recinto o Festival Contra el Cáncer, o cal contará coas actuacións de 7 grandes artistas da música española que repasarán os temas máis importantes que os levaron á fama nas décadas dos anos 80-90, e tamén cun DJ cuxo repertorio fará que o público no pare de bailar..

+ fotos

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal