Os alcaldes asturianos de Salas e Llanera visitan a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA para coñecer o seu funcionamento

Silleda, 19 de abril de 2022.- A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA contou esta mañá coa visita dos alcaldes dos concellos asturianos de Salas e Llanera, Sergio Hidalgo e Gerardo Sanz

Os edís percorreron as súas instalacións acompañados de Ricardo Durán, director da Central e o recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA, e de Julio Pérez, coordinador do mercado, quen os guiaron tanto polas distintas naves que aloxan ás reses como polas oficinas administrativas.

Durante a súa estancia mostráronlles o proceso informático que se segue na poxa de gando bovino e tamén a nova aplicación posta en marcha polo mercado, a cal permite aos compradores poxar dende o móbil e aos vendedores tanto recibir as cotizacións no terminal en tempo real como rexeitar a venda a distancia.

A Central, un referente

Esta visita dos alcaldes de Salas e Llanera, que contan con mercados de gando nos seus concellos, estivo motivada polo seu interese en coñecer de primeira man o funcionamento da Central, a cal constitúe un referente no ámbito agropecuario por contar coa única poxa de vacún informatizada de España. Isto supón que exclúe ao intermediario, outorga transparencia a un sistema no que se evita o regateo e optimiza os prezos.

Trátase dun mercado pioneiro que agora volveu a adiantarse coa implantación da aplicación móbil, na cal se segue traballando este ano para incluír aspectos como contas personalizadas orientadas a que os vendedores reciban documentación de interese no móbil, obteñan historiais de venda ou descarguen os recibos da poxa.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal