Equina Galicia 2021 pechou hoxe tres días de competicións ecuestres coa celebración de varias probas e entregas de premios

 

Silleda, 1 de agosto de 2021.- Equina Galicia 2021, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, finalizou hoxe tres días de intensa actividade no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA nos cales se levaron a cabo cinco importantes competicións e varias xornadas técnicas.

O VII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é o eixo central do evento e que valora tanto a morfoloxía dos exemplares como os seus movementos, levou a cabo esta maña a súa sección de cobras de 3 eguas e os seus premios especiais. Xa ao mediodía celebrouse a entrega de premios do Campionato, na cal participaron o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Español (ANCCE), Juan José Morales; o subdirector do Libro Xenealóxico do  PRE, Pedro J. Azor; o presidente e o vicepresidente de ACCEGA, Manuel Benavides e Eduardo Maceda; a secretaria técnica do concurso, Nerea Pájaro, e o director da  Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán.

O Campión e Campioa do Concurso repetiron respecto á pasado edición, sendo o campión Belmonte Torreluna, propiedade de Yeguada Torreluna, de Carmona (Sevilla), e a campioa Naviera RJ, da gandería Javier Neira, de Teo (A Coruña). Os subcampións foron, en machos, Salvador RJ, da gandería Santos Pereira, de Ponte Caldelas (Pontevedra) e en femias Talaverana RJ, da gandería ANVIMA, Teo (A Coruña)

En canto ao Campión e a Campioa Xoven foron, respectivamente, Arcano de Durán, propiedade da gandería Antonio Durán Altimira, de Lugo, e Dama Torreluna, da gandería Santos Pereira, de Ponte Caldelas (Pontevedra). Como subcampións xóvenes alzáronse, en machos, Artista de Blanco, da gandería Diego Blanco Alfonso, de Teo (A Coruña), e en femias, Valida AR, da gandería Santos Pereira.

O campión adulto de Mellores Movementos foi Nazareno CPK, da Ganadería Gorzano (Cantabria), mentres que a campioa foi Ura del Pas, propiedade da Yeguada del Pas, de Piélagos (Cantabria). A campioa xoven de Mellores Movementos foi Caprichosa de Noya, propiedade da gandería Manuel Rosendo Rodríguez, de Santiago de Compostela (A Coruña), mentres que a subcampioa foi Ventoluca del Pas, de Yeguada del Pas (Cantabria).

En Funcionalidade o campión e subcampión foron Okela ZPK e Oliveño ZPK, ambos de Ganadería Gornazo (Cantabria). Respecto á Mellor Gandería deste VII Campionato, foi Yeguada Los Alcores, de Valladolid (Castela-León). O mellor presentador foi o galego César Santos Vicente.

En canto aos premios concedidos por ACCEGA neste concurso, o mellores poldro e poldra nacidos en Galicia foron, respectivamente,  Artista de Blanco, da gandería  Diego Blanco, de Teo (A Coruña), e Condesa de Cabaña, propiedade da gandería Carlos Conde, tamén de Teo (A Coruña).

Neste concurso morfofuncional, con categoría 2 estrelas logo de ascender o ano pasado debido á súa excelente evolución e esforzo da organización, participaron preto dun centenar de exemplares de pura raza española pertencentes a 40 ganderías procedentes de dez comunidades autónomas, como son Galicia, Asturias, Cantabria, Estremadura, Castela e León, Madrid, Valencia, Andalucía, Cataluña e Baleares, ademais dunha procedente de México que participou con varias eguas. Celebrado baixo o regulamento da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE), é clasificatorio para a final do Campionato do Mundo.

Enganches

Equina Galicia tamén acolleu hoxe a primeira xornada de liga da Copa Galega de Enganches, que este ano conta con seis probas. Organizada pola Federación Galega de Enganches, contou finalmente con sete participantes de participantes de distintos puntos da Comunidade en dúas modalidades.

En  Limonera, consistente en carruaxes de catro rodas cun cabalo, o  pódium estivo composto por Diego Souto co cabalo Centurión (A Estrada), Manuel Magdaleno con Fructuoso (Cerdedo-Cotobade) e Emiliano González con Odin (Santiago de Compostela). En Tronco, modalidade que inclúe tamén coches de catro rodas pero con dous cabalos, o vencedor foi Manuel Magdaleno con Fructuoso e Pinturilla.

Doma Clásica

Por outra banda, Equina Galicia 2021 celebrou onte tres probas de  doma clásica, as cal contaron nesta ocasión con récord de participación, ao estar rexistrados 63 binomios de distintos puntos de España. Unha cifra que ao exceder dos 40 binomios, e para poder celebrarse segundo o regulamento, fixo necesario habilitar dúas pistas en lugar dunha e incrementar o número de xuíces a catro.

En canto ao III Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de  Doma Clásica, o cal pretende fomentar as pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural galego, en Rider 1ª o primeiro posto foi para o binomio conformado por Lucía Iglesias Millán e Flor de Vida; o segundo para Joanna del Hierro Calderón e tamén Flor de Vida e o terceiro para Sálvora Vidal López con Furia. En Alevíns Equipos a primeira posición foi para Alicia Fajardo Cibeira con Arenal VI.

En canto á  XXIII Copa  Accega na categoría de Poldros, a primeira posición acadouna Redondo GA montado por Sabela González Pastor e a segunda Cantabria CPK montada por Carlos Gómez Fernández. En Cabalos Maiores de 6 Anos, os tres primeiros clasificados foron Cunqueiro De Gar montado por India Miranda Baudot, Retortero R montado por Carlos Jacobo Sotelo Rodríguez e Criasor GG montado por Yago Rey Cerini.

Respecto ao Concurso Territorial de Doma 1*, que é puntuable para o Campionato de Galicia, en Alevines Individual o primeiro posto foi para Enrique Portase Varela con Tímido do Monte e o segundo para Xiana Araujo Chamorro con Galia. En Alevines Equipos a vencedora foi Sofía Brea Tubío montando a Arenal VI. En Infantís Equipos gañou India Miranda Baudot con Cunqueiro de Gar, seguida de Yago Rey Cerini con Criasor GG. En Infantís Individual o podium estivo composto por Xiana Pérez Vilar con Poca Pena, María Dosantos Moratino con Renate e Martín Díaz Rodríguez con Esqueiro. En Xuvenís 0* Individual o primeiro e segundo posto obtivérono respectivamente Jaime Estévez Gómez con Lider X e Samuel Vila Cacabelos con Kailis de Santa Clara. En Clásica 2 o primeiros posto acadouno Inés Martínez Barros con Txuri Urdin; o segundo María José Mosteiro Martínez con Empaste AGS e Marta Martínez Cabezas con Golfo XIX. En Preliminar Poldros 4 Anos venceu Daniel Louzán Miguéns con HD Cristal, seguido de Sabela González Pastor con Redondo GA e de Carlos Gómez Fernández con Cantabria CPK. En Preliminar Poldros 5 Anos gañou o binomio composto por Alberto García Albela e Milano F. En Rider 1 A o podium conformárono Brais Fernández Vila con Oreo de Cearán, Noelia Aguiar Barreiro con Flor de Vida e Aimara Sotelino Patiño con Neón CH. En Rider 2A os tres primeiros foron Mikel Lorenzo Rodríguez, María Tarrío Alonso e Carla Dopazo García, todos eles montando a Malaquías. En Rider 2B venceu Ainoa Fernández Corredoira con Aron X. En Rider 3A a campioa foi Ana Belén Otero Cacheda con Helsinki de Olid e a subacampioa Alba Louzán Miguéns con Kailis de Santa Clara. En Rider 3B o primeiro posto foi para Helena Ordiales Trabanco con Patina, mentres que en San Jorge foi para Carlos Jacobo Sotelo Rodríguez con Retortero R.

 

>>> Fotografías de Equina Galicia 2021 

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal