A feira Galiforest Abanca será do 8 ao 10 de xullo de 2021 para garantir o seu alto nivel de resultados e a súa condición de referente forestal

Silleda, 23 de xullo de 2020.- O comité organizador de  Galiforest Abanca, o cal se reuniu esta mañá a través de videoconferencia, decidiu que a sexta edición deste monográfico forestal se celebre do 8 ao 10 de xullo 2021.

O certame, previsto inicialmente entre o 25 e o 27 do pasado mes de xuño, pospúxose debido á alerta sanitaria xerada polo covid-19, con intención de ser celebrado en setembro ou outubro. Sen embargo, a incerteza que segue existindo sobre a situación derivada do coronavirus, levou ao comité organizador a tomar esta decisión.

Con este novo aprazamento o obxectivo é que o monográfico garanta o seu alto nivel de resultados tanto no plano expositivo como de público, o cal supuxo unha magnífica progresión que na súa última edición se traduciu na participación de 254 firmas expositoras, un 40% máis que na anterior convocatoria, das cales 76 eran expositores directos, un 33% máis. Entre estes últimos triplicouse o número de empresas estranxeiras, o que permitiu que o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo lle concedera á feira o selo de  internacionalidade a efectos aduaneiros. En total os expositores ocuparon 11.875 metros cadrados netos, un 24% máis, e foron visitados por 5.600 profesionais do sector.

Estas cifras conlevan unha gran satisfacción por parte de expositores e visitantes que ten convertido a  Galifores Abanca nun espazo de referencia para o sector forestal, unha condición que a organización quere seguir mantendo. E para iso é necesario asegurarse de que o certame non se verá prexudicado de ningún xeito por posibles aspectos derivados da crise sanitaria de covid-19.

Forte apoio do sector

Neste encontro celebrado hoxe a través de videoconferencia quedou patente o importante apoio do sector a  Galiforest Abanca, que nas súas novas datas volve a contara con excelentes perspectivas de crecemento.

Na reunión estiveron representantes de numerosas empresas e colectivos de gran relevancia no sector forestal que forman parte do Comité Organizador da feira, os cales estiveron acompañados polos directores da  Axencia  Galega da Industria Forestal (XERA), José Ignacio Lema, e da Axencia  Galega de  Calidade Alimentaria (AGACAL), Manuel Rodríguez, e polo director  xeral de Defensa  do Monte da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto Juanas.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal