O III Motor Ocasión Galicia arrancou esta mañá con máis de 1.200 vehículos e unha ampla gama de prezos

Silleda, 6 de marzo de 2020.- O III Salón Motor Ocasión Galicia, organizado por  Sac  Events, abriu esta mañá as súas portas na  Feira Internacional de Galicia ABANCA cunha gran exposición que supera os 1.200 vehículos.

Esta ampla oferta, que segundo a organización conforma a maior mostra de vehículos de segunda man en Galicia, céntrase ata o domingo na venda de turismos de todos as marcas, modelos e prezos.

Ocupa os dous pavillóns principais do recinto e, por primeira vez, tamén hai unha ampla exposición en exterior, situándose fronte ao pavillón 1. En total o salón conta cunha superficie de máis de 20.000 metros cadrados.

Están presentes 35 empresas procedentes de toda Galicia, aínda que especialmente de Pontevedra e Vigo, tanto de compra-venda como de concesionarios. Todas elas ofrecen interesantes garantías e descontos que nalgúns casos alcanzan os 10.000 euros.

O horario do certame é durante os tres días de 11.00 horas a 21.00 horas. A entrada ten un prezo de 3 euros, aínda que os nenos menores de 12 anos poden entrar de forma gratuíta.

O salón conta nesta ocasión cunha interesante novidade. Todos os visitantes que compren un vehículo durante a súa celebración entrarán no sorteo de 4.000 euros.

Propostas desde 2.000 a 200.000 euros

O III Salón Motor Ocasión Galicia ofrece unha ampla gama de prezos. Así, os visitantes que acudan ao recinto ata o domingo poden atopar coches desde algo máis de 2.000 euros ata automóbiles de alta gama que alcanzan os 200.000 euros.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal