A Feira Internacional de Galicia ABANCA participará en Andalucía Sabor facilitando a presenza de empresas alimentarias galegas

Silleda, 18 de setembro de 2019.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA participará do 23 ao 25 de setembro no certame Andalucía Sabor, cita agroalimentaria e pesqueira que se celebrará no Palacio de Congresos y Exposiciones de Sevilla ( FIBES).

A entidade feiral estará presente cuns stand no que non só promocionará a súa cita alimentaria  Salimat Abanca, senón que dará cabida a seis empresas galegas. Así, terán o seu espazo as firmas alimentarias Cooperativa  Hoxe (Lalín),  Bico de  Xeado (Bergondo),  Panificadora  Mencer (Bergondo),  Yatecomeré (Ribadumia) e  Burganas Galletas (Ourense) e tamén o laboratorio  Akunatura (San Cibrao das Viñas).

Este tipo de participación enmárcase no obxectivo da  Feira Internacional de Galicia ABANCA de servir de plataforma de promoción e desenvolvemento comercial ás empresas galegas naqueles eventos de interese onde Galicia non adoita ter presenza, á vez que aproveita para fortalecer a imaxe dos seus certames.

Primeira experiencia que se repetirá

Esta presenza agrupada en Andalucía Sabor trátase dunha primeira experiencia á que a entidade feiral pretende dar continuidade noutros eventos, e non soamente do sector agroalimentario.

Nesta ocasión a  Feira Internacional de Galicia ABANCA promocionará o seu 24ª Salón de Alimentación do Atlántico,  Salimat Abanca, o cal se celebrará do 4 ao 7 de xuño de forma paralela á 43ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. O atractivo da súa exposición, o seu amplo programa de actividades ou os seus Encontros Internacionais de Compradores serán algúns dos aspectos que dará a coñecer aos profesionais e consumidores que se acheguen ao seu stand no certame andaluz.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal