O II Outlet Car Silleda mostra dende mañá 500 vehículos con prezos excepcionais

Silleda, 5 de setembro de 2019.- O II Outlet Car Silleda abrirá as súas portas mañá no recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA, ao cal seguen chegando hoxe os vehículos que se mostrarán no salón ata o domingo.

Na montaxe do certame, organizado por OK Eventos, estivo esta mañá o seu director e responsable de comunicación, Juan Lijó, quen destacou o momento idóneo de celebración do  Outlet  Car polo “bos prezos que ofrecen as empresas, que queren recuperar vendas tras o verán” e valorou o interese destas feiras tamén para os vendedores, pola rendibilidade e importante número de vendas, en moitos casos maior que nos propios concesionarios. Por iso, dixo, “estas feiras teñen éxito e a participación nelas é xa unha tendencia”.

Así mesmo, quixo subliñar o atractivo desta cita para o sector polos seus bos resultados, quedando patente en que “participan empresas de toda Galicia e non soamente da contorna máis próxima, como é habitual neste tipo de salóns”. Tamén deu a coñecer que aínda que hai propostas de todos os prezos, nesta feira “os vehículos con máis demanda son os que están entre os 8.000 e os 25.000 euros, con poucos quilómetros e dous ou tres anos de matriculación”

Juan Lijó estivo acompañado esta mañá polo director da  Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán, quen indicou que esta cita supón unha “consolidación dos eventos do motor no recinto” motivada polo “bos resultados que conseguen os participantes, cun nivel elevado de vendas”. Un tipo de certames recentes no recinto, xa que comezaron a celebrase en 2018, pero que xa contan cun “éxito permanente” no que ten moito que ver “a gran calidade da oferta”.

II  Outlet  Car Silleda

O II  Oultet  Car Silleda, que será a primeira feira do vehículo de ocasión da tempada en Galicia, contará cunha gran exposición na que se mostrarán 500 vehículos  seminovos, quilómetro cero e de segunda man.

Nesta segunda convocatoria participará 19 empresas de distintos puntos de Galicia, entre oficiais e compravendas  multimarca, que serán  Vcar Carballo, Auto ilusión, Autos Diz,  Gr  Cars, Autos Castiñeiras,  Balpersa Ourense, Gómez  Alén, Xaquín Ford,  Rs  Cars Lalín, Si Buscas Coche, Senra  Sport,  Opel  Bétula Santiago,  Rs Vilagarcía, Autos Milladoiro,  Hyupersa Santiago,  Galaicar,  Sport  Cars Padrón, Outes Motor e Mi Carro.

Os visitantes poderán escoller entre unha ampla variedade de marcas e modelos, con opcións económicas e tamén vehículos de alta gama, incorporándose como novidade nesta edición os todoterreos. Os prezos situaranse na maioría das propostas entre 3.500 e 40.000 euros, aínda que hai algúns coches de 70.000 e mesmo 90.000 euros.

Estes vehículos contarán con interesantes descontos, que irán aproximadamente desde os 500 e 1.000 euros nos vehículos máis baratos ata 2.000 e 2.500 euros en opcións de maior prezo. Así, mesmo destacará a garantía que ofrecen as empresas e tamén as boas condicións de financiamento, na cal o aforro pode incrementarse de maneira importante.

O custo da entrada será de 3€ por persoa e día, aínda que os menores de 16 anos poderán acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira, que contará con servizo de restauración, será de 10.00  h a 20.00  h os tres días.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal