A terceira edición da feira agrogandeira Abanca Cimag-GandAgro será do 21 ao 23 de febreiro de 2019


Silleda, 12.7.2018.- A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería,  Abanca  Cimag- GandAgro, celebrarase do 21 ao 23 de febreiro de 2019. Así o decidiu o seu Comité Organizador nunha reunión mantida esta mañá na  Feira Internacional de Galicia  ABANCA, onde terá lugar o certame.

No encontro tamén se abordaron outros aspectos, como a comercialización da feira e a súa promoción. Ademais, déronse a coñecer distintas melloras que terá o certame respecto da última convocatoria, tanto referentes á aplicación de determinados descontos sobre as tarifas como ás realizadas nos propios pavillóns, entre elas en iluminación, climatización, cubertas ou a recente creación de salas que permiten integrar as xornadas técnicas no evento.

O sector, que volveu mostrar o seu decidido respaldo a  Abanca  Cimag- GandAgro, estivo representado nesta nutrida reunión por máis dunha vintena de entidades, empresas e cooperativas con gran peso no ámbito agrogandeiro. Así, participaron a Federación Galega de Produtores de Porcino (FEGAPOR), Federación Frisona Galega (FEFRIGA), Asociación de Defensa Sanitaria de Porcino de Silleda,  Cogal, Grupo Coren,  Delagro, Aira,  Nudesa,  Farming Agrícola,  Ausama,  Maxideza,  Tecnor Lalín Maquinaria, Maquinaria Agrícola del Noroeste,  Delaval Equipos,  Rosber,  Agrotec  Entrecanales, Gea  Farm  Technologies Iberia, Auto Avión, Agrícola  Cacheda, Talleres  Moga,  Transmedia Comunicación e Prensa e a división  Agro e Mar de  ABANCA.

Edición 2017

A pasada edición de  Abanca  Cimag- GandAgro, celebrada en 2017 debido ao seu carácter  bienal, reuniu do 26 ao 28 de xaneiro 392 firmas expositoras de 24 países, das cales 166 foron expositores directos de oito países. Estes procedían de dous países máis, mentres que a nivel nacional estas empresas foron de 13 Comunidades Autónomas, un 30% máis. Así pois, a feira reflectiu tanto unha expansión a nivel nacional en canto á procedencia dos expositores como un paso cara a adiante na súa internacionalización.

A feira ocupou unha superficie bruta que superou os 23.200 metros cadrados e neta de 9.965 metros cadrados. O seu programa contou con 40 propostas de gran interese para os profesionais do sector, como conferencias, presentacións e concursos tanto de innovación como  morfolóxicos.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal