El Combo Dominicano, París de Noia e Panorama, trío de ases na edición máis atractiva e ambiciosa do Spring Festival


Silleda, 23 de marzo de 2017.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolleu esta mañá a presentación do evento musical Spring Festival 2017, o cal reunirá o vindeiro día 20 de maio a tres das orquestras máis solicitadas no panorama galego, El Combo Dominicano, París de Noia e Panorama.

Na presentación participou Jorge Silva, da empresa Piñeiro Pub, promotora do evento, quen detallou aspectos como os horarios, o custe das entradas, o seu aforo máximo, establecido en 8.280 persoas, e o seu cartel. Cualificou este último “de luxo”, co engadido de ser “a única vez este ano que van a estar xuntas as tres formacións”. Neste sentido destacou que “é unha aposta decidida e forte” para consolidarse no calendario galego.

Así mesmo, Silva subliñou que a partir desta edición o festival vai a ter un “carácter social”, dedicándose cada ano a un colectivo con necesidades específicas e sendo nesta ocasión a favor da Asociación de Rapaces e Amigos con Necesidades Especiais (Aranes), de Lalín. A organización entregará o 18 de maio á asociación un fixo de 1.500€, ademais de establecer unha Fila Cero, cuxa conta, de Abanca, é ES-6520800503913040030675. A entidade tamén contará cun posto dentro do pavillón no cal ofrecerán información e os asistentes poderán tanto facerse socios do colectivo como aportar donacións.

Tamén estivo presente María Quinteiro, secretaria de Aranes, quen ofreceu información sobre esta asociación creada por pais de nenos con diversidade funcional que pretende “loitar” pola mellora das súas condicións e “visibilizar”  a súa problemática. A entidade, da que forman parte 18 nenos con diferentes afeccións e ten 540 socios, conta con fisioterapeuta e cun programa de ocio que lles permite realizar actividades ás que doutro xeito teñen moitas dificultades para acceder, como piscina ou hipoterapia (terapia con cabalos). Ademais, a partir de agora, disporá dunha psicóloga para que axude ás familias. Ao remate da súa intervención Quinteiro agradeceu á organización a súa colaboración

Ao acto tamén acudiron representantes das orquestras participantes. José Antonio Blas, vocalista de París de Noia, destacou que a do Spring Festival é “a mellor oferta que se pode facer neste momento en Galicia” e que suporá “unha noite memorable” cun prezos que “non poden ser máis populares”. Ademais, sinalou que no evento presentarán todas as súas novidades para 2017, tanto no que se refire ao seu escenario como ao propio espectáculo.

Pola súa banda Mario Álvarez, vocalista de Panorama, destacou que o Spring Festival será un “espectáculo impresionante”  cun custe “moi asequible”, ao tempo que desvelou que a súa formación estreará escenario e espectáculo, cun repertorio totalmente novo e actualizado. No acto tamén estivo Lolo Monteagudo, representante de El Combo Dominicano, quen indicou que a formación considera “un orgullo” compartir evento con dúas das mellores orquestras a nivel nacional e cualificou de “magnífica noticia” que a organización colabore con Aranes. En canto á actuación no festival, dixo que haberá repertorio novo e melloras no show.

Spring Festival 2017

O Spring Festival abrirá a súas portas no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia ABANCA ás 21.30 horas e comezará sobre as 22.00 horas  para rematar sobre as 07.00 horas.

As entradas para asistir ao Spring Festival pódense adquirir o mesmo día do evento en taquilla cun prezo de 5€. Ademais estarán dispoñibles a partir do 25 de abril de forma anticipada, tamén cun prezo de 5€ pero que incluirá consumición. En prevenda poderán comprarse en distintos puntos de venta físicos que se están a establecer, e a través da páxina web de Abanca. O día previo ao festival ás 20.00 horas pecharase a venta anticipada.

Os nenos menores de 12 anos poderán entrar sen pagar (acompañados dun adulto) e o aparcadoiro tamén será gratuíto.

O festival volverá a contará coas comodidades que ofrece o pavillón feiral, como son a climatización e os servizo de restauración e gardarroupa.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal