Unos 800 alumnos participarán en la fase zonal Terra do Deza de Campo a Través en Edad Escolar, que tendrá lugar el 4 de diciembre

Silleda, 28 de noviembre de 2019.- A fase zonal Terra do Deza de Campo a Través en Idade Escolar terá lugar o vindeiro mércores, 4 de decembro, na Feira Internacional de Galicia ABANCA, a cal acolleu esta tarde a presentación do evento deportivo.

No acto participaron Daniel Benavides, xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, e Mónica González, primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Turismo, Deportes e Comunicación do Concello de Silleda. Ambas entidades son organizadoras da proba xunto coa Agrupación Deportiva Escolar O Pino, que inclúe centros escolares de Agolada, Rodeiro, Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Dozón.  

Ademais estivo presente Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, recinto no que se celebrará a competición.

A fase zonal Terra do Deza de Campo a Través, coa que se pretende fomentar a actividade física e a relación entre os rapaces da zona, contará coa participación duns 800 alumnos e alumnas de primaria e secundaria de dez centros educativos da comarca. Estes son o CPR Plurilingüe María Inmaculada, o IES Pintor Colmeiro e o CEIP, de Silleda; o CEIP Ramón de Valenzuela, de Bandeira; o CEIP Xaquín Loriga, de Prado; o CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza, de Vilatuxe;  o CPI  Plurilingüe de Rodeiro e o CEIP Nosa Señora da Piedade, de Vila de Cruces; o IES Laxeiro, de Lalín; e o CEIP Pío Cabanillas, de Dozón.

Esta competición, que é clasificatoria para o Campionato Provincial de Campo a Través, incluirá categoría benxamín (2º e 3º de primaria), no cal corren 500 metros tanto nenos coma nenas; alevín (4º e 5º de primaria), con distancias de 800 metros en feminino e 1.000 metros en masculino; infantil (6º de primaria), correndo 1.000 metros en feminino e 1.200 en masculino; e cadete (2º e 3º de ESO), cunha distancia de 1.200 en feminino e 1.500 en masculino.

O cross comezará ás 10.30 horas coa categoría de benxamín feminino. Seguirano, cada 15 minutos, benxamín masculino, alevín feminino e masculino, infantil feminino e masculino e cadete feminino e masculino. Rematará sobre as 12.30 horas, cando se fará a entrega de medallas.

 
© 2019 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal