Medio Rural y la Fundación Semana Verde de Galicia trabajan en los preparativos de la próxima feria ABANCA Cimag-Gandagro


Silleda, 10 de novembro de 2016.- A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, presidiron esta mañá a reunión do Comité Organizador da Feira agrogandeira Abanca Cimag-GandAgro, para seguir traballando nos preparativos deste certame clave en Galicia. Neste senso, acordouse que se celebrará do 26 ao 28 de xaneiro en Silleda, en lugar do 25 ao 28 dese mes, como se fixara inicialmente.

Esta decisión ten como obxectivo responder ás demandas do sector, o cal prefire concentrar a duración do certame en tres días e intensificar a actividade en cada un deles, como era habitual nesta feira e nos eventos anteriores á súa fusión, en lugar dos catro días establecidos nun principio para esta edición.

Ademais, no encontro abordáronse outros aspectos do certame, como a evolución da contratación, a promoción do evento a través de distintas ferramentas e soportes ou o programa de actividades, o cal xa se comezou a deseñar coas distintas entidades implicadas no Comité.

 

Participantes

Ademais, na xuntanza tamén estiveron presentes a directora da Área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Pilar Morgade; e a integrante do Servizo de Xestión e Formación Profesional da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Susana Pedrosa. 

Así mesmo, acudiron máis de vinte  representantes de entidades e empresas con gran peso nos sectores da agricultura, gandería e maquinaria, deixando patente o seu apoio. Así, participaron a Federación Galega de Produtores de Porcino (FEGAPOR), Federación Frisona Galega (FEFRIGA), Africor Pontevedra, Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC), Xenética Fontao, Nudesa, Delaval Equipos, Semillas Rocalba, Agapel, Protección Verde, Grupo Agroamb, Rosber, Imán, Agrotec Entrecanales, Cardelle Hidráulica, Class Ibérica, Khun Ibérica, Tecnor Lalín Maquinaria, Maxideza, Deltacinco, Hitraf e a división Agro e Mar de ABANCA.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal